• Häxan

    Häxan

    ★★★★

    •> Hooptober 8: #31 <•

    A utilización dos múltiples formatos -debuxos, dramas históricos, deseños gráficos de carácter divulgativo...-, mais a propia fascinación histórica que ten o filme -unha superprodución de maneira evidente que é un ensaio dramatizado dedicado a un tema de ocultismo- son cousas polas que Häxan non perde a miña admiración. O meu problema é que coma ensaio resulta anticuado de maneira demasiado clara, sobre todo no seu propósito básico de atopar respostas e ata compaixón polas bruxas.…

  • Gemini

    Gemini

    ★★★★

    •> Hooptober 8: #30 <•

    Interesantísimo ver a Tsukamoto traballar nun contexto pre-informático, industrializado só a un nivel moi básico e onde, moi sutilmente, comeza a notarse a influencia occidental na sociedade nipona -polo menos sutil para quen non sabe moito da súa historia coma min, que apenas puiden rastrexar un par de elementos nesta liña-. O contexto histórico define máis a Tsukamoto do que podería un pensar antes de vela. Por moito que parte da caracterización hiperbólica dos personaxes…

  • Dominion: Prequel to the Exorcist

    Dominion: Prequel to the Exorcist

    ★★★★½

    •> Hooptober 8: #30 <•
    Toda a primeira secuencia é unha proba de ética kantiana moi pouco sútil -ten unha enorme enerxía o meme este do tren que divídese en dous carrís-; mais o interese reside en, como toda esa secuencia, será a perda de fe do cura principal. “God is not here today” dille o nazi ó cura apuntando a un neno e obrigándolle a decidir a quen debe matar. Ata certo punto, a narrativa aquí será similar a…

  • The Church

    The Church

    ★★★★★

    •> Hooptober 8: #29 <•

    Dentro da súa crítica a Igrexa hai unha mirada encantada do mundo, que ofrece mitoloxía e unha visión sacralizada dos seus símbolos. O mundo que mostra é ó contrario, unha poboación fascinada coa Igrexa, máis que desposúe a esta do sagrado. A igrexa coma construción arquitectónica deixa de ser un lugar para a fe relixiosa e coma a usarse máis para o turismo, que só entende a parte da historia dos vencedores -contribuíndo económicamente a…

  • Victim

    Victim

    ★★★★½

    •> Hooptober 8: #28 <•

    Espazos liminais e edificios de formigón, unha casa abandonada completamente putrefacta, a mala calidade das cámaras de videovixiancia do cambio de milenio e unha fábrica aséptica e dixitalizada. Todos espazos desposuídos de personalidade -sexa pola ausencia de habitante ou pola incapacidade de ser habitado nun sentido de posuílo coma propio-. Unha realidade alienada que só permite a expresión mediante a violencia. Da moita mágoa coma, nun inicio, parece que o noivo de Amy é incapaz…

  • Salem's Lot

    Salem's Lot

    ★★★★★

    •> Hooptober 8: #27 <•

    Non veremos un Hooper tan sobrio, tan centrado no drama, polo menos no que a miña memoria dítame. O fascinante é coma sempre funciona coma obra de serie B, polo gran traballo de mitoloxización que ten -tanto nos vampiros coma na casa, que ten unha relación co pasado e o asasinato previo similar a saga de Amityville que comeza este mesmo ano-. Nese sentido é moi King porque nunca é pulp ou kitsch ata chegar…

  • Penda's Fen

    Penda's Fen

    ★★★★★

    •> Hooptober 8: #26 <•

    Emocionadísimo dende os primeiros minutos, moi escéptico cara a metade, tiña claro que estaba fronte a un filme que require moito máis tempo de meditación e múltiples visionados do que o challenge do Hooptober o permite -non todo podía ser bo, practicas moito e fas comunidade; mais cando atopas un filme que pon tan ó límite as túas concepcións estéticas non queda outra que aceptar o desafío sabendo que non estarás a altura-. Xa pasárame…

  • Tilbury

    Tilbury

    ★★★★½

    •> Hooptober 8: #25 <•

    Filme para a televisión islandesa de marcado carácter nacional -algo raro de ver na meirande parte das cinematografías globais, que tenden a crear o seu discurso na vitoria e non na ansiedade producida polas invasións estranxeiras-. Resulta máis raro se pensamos que gran parte da súa narrativa baséase en mostrar os males das xerarquías de poder e a violencia implícita en institucións coma o Estado e a Igrexa. Incluso máis raro se pensamos na forma…

  • Haunted House

    Haunted House

    ★★★★½

    •> Hooptober 8: #24 <•

    De terror da mesma forma que o era a súa obra Untitled para a Viennale do 97 -apropiándose da famosa secuencia de Psycho-, así coma o poderían ser algunhas de Peter Tscherkassky. O xénero non entende tanto dunha visión estética particular coma de unha combinación de tropos e códigos que ê espectadore recoñecen na súa tradición. A flexibilidade do xénero permite a exploración formal, sacando do seu contexto a propia tradición a que se refire…

  • The Bloodettes

    The Bloodettes

    ★★★

    •> Hooptober 8: #23 <•

    Non vou negarme nunca a unha obra tan centrada non tanto no seu discurso coma na vontade de que existan esas discusión. Acepta que non ten tanto que dicir ou propoñer coma necesidades de repensar ó acercamento os seus temas. O máis definitorio disto é que o filme non estrutúrase tanto en conclusións coma en preguntas. Estas obrigan unha e outra vez a ser consciente do contexto específico do que está a falar -o Camerún…

  • The Howling

    The Howling

    ★★★★½

    •> Hooptober 8: #22 <•

    Adorei. Sinto moita mágoa por como Joe Dante é ignorado ou pouco comentado co paso dos anos, sendo para min un dos máis divertidos directores da súa xeración. Aínda que non soporte esta distinción, gustaríame aclarar que iso non é só en base a unha cuestión de puro entretemento -algo que considero valioso na súa obra e nada desprezable-, senón divertida nun sentido que mestura unha actitude intelectual os seus filmes, coma unha predisposición infantil…

  • Birdemic 2: The Resurrection

    Birdemic 2: The Resurrection

    •> Hooptober 8: #21 <•
    entristéceme moito este tipo de filmes, porque xa non intentan nada, abrazan o ridículo e a autoparodia; mais dende unha nula creatividade, unha ausencia total polo amor a súa peza ata chegar a un punto de case humillación pública -en especial des actories-. A autoconsciencia e a numa asoiracion por unha carga dramática só esconde, nun intento un pouco basto, de volver ó éxito obtido coa primeira Birdemic, de volver a ser gracioso dunha forma…